Sobre Mazarelos

O compromiso pola Historia, pola lingua e pola cultura desta terra levou a este grupo de graduados en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela a adicar parte do seu tempo na difusión de artigos vencellados ao mundo das Ciencias Sociais en galego.

Mazarelos non ten límites temáticos ou cronolóxicos. Cadaquén publica seguindo as liñas de investigación nas que este traballando ou os seus intereses. Así mesmo, este blogue está aberto a colaboracións malia que traten outras épocas ou liñas de investigación. Non dubides en poñerte en contacto con nós.

Artigos sobre o proxecto

cabeceira


EDITAN

Miguel Rodríguez Martínez – Artigos –  

Teo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Autónoma de Aguascalientes. Actualmente realizando o máster de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. A miña temática actual de investigación é o estudo, a partir de testemuñas orais, das mulleres durante o periodo de migración galego entre os anos 1880 e 1940. Os meus intereses están vencellados á aplicación da perspectiva de xénero na historia migratoria galega e o papel da migración/exilio tanto na Galicia coma nos lugares de destino. Igualmente, interesado na Historia de Latinoamérica, especialmente o caso mexicano.

Roque Sanfiz Arias – Artigos –

Fene, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de nove meses na Universidade Jagiellonski de Cracovia. Actualmente estudo o máster de Historia Contemporánea na Universidade Autónoma de Barcelona. As miñas investigacións actuais están centradas na Historia Social do deporte en Galicia e en Cataluña. Tamén estou interesado no estudo dos nacionalismos e da historia política no século XX.

Mateo Martínez Torres – Artigos       

Ourense, 1996. Graduado en Historia (2018) e Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela. Os meus estudos céntranse na limpeza política levada a cabo polos sublevados durante o Golpe, a Guerra e a Ditadura, en concreto o caso galego. Así mesmo, investigo sobre a didáctica dos xenocidios e o ensino da Historia do século XX.


COLABORAN

Carlos Quivén Sánchez – Artigos

O Barco, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente curso o máster de Historia Contemporánea na mesma universidade. As liñas de investigación nas que me centro son a conflitividade social, a violencia política e a acción colectiva, con especial atención aos motíns e protestas que tiveron lugar en Galicia nos anos da Restauración. Asemade, teño interese na politización e nos procesos de nacionalización do campesiñado na Europa do século XX.

Sara Penide de la Torre – Artigos

Vilagarcía de Arousa, 1996. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente cursando o máster de Historia Contemporánea na mesma universidade. Os meus intereses son a historia de xénero, os estudos sobre Memoria Histórica, a historia social e o fenómeno represivo.

Nicola Zengiaro – Artigos

Vicenza, 1992. Licenciado en Filosofía pola Università di Torino, cursando actualmente o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Vice-presidente da plataforma Gallinae in Fabula, editor da revista Animal Studies e colaborador doutras como o Laboratorio Galego de Ecocrítica ou o Centro Studi Filosofia Posthumanista. Interesado en cuestións como o posthumanismo, o antropocentrismo e a bioética.

Lucas Sánchez Taboada ‘Gomariz’ – Artigos

Gomariz, 1994. Graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente realizando o máster en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. As miñas liñas de investigación actuais versan sobre historia e arte na Comarca do Ribeiro, así coma estudos iconográficos adicados en especial á arte marxinal.

José Carlos García Vega – Artigos

Fene, 1997. Cuarto curso do Grao en Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Interésame o papel que desenvolve a Historia na sociedade, a memoria -e o olvido-, a historia sociocultural e das mentalidades, e tamén o desenvolvemento das ditaduras, a guerra e os conflitos no s. XX. Actualmente centro as miñas investigacións na relación entre Historia e os videoxogos dende o punto de vista dos historical games studies.

Lucía Veciño Souto – Artigos

Ponteceso, 1991. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2013). Ano no que comecei o mestrado de Educación, Igualdade e Xénero na mesma universidade, especializándome na Historia de Xénero contemporánea. Teño un especial interese polas liñas de investigación da memoria histórica, historia de xénero e a historia agraria bretoa e galega. A día de hoxe son técnica administrativa da Fundación Galiza Sempre e compaxino esta labor escribindo artigos para algún xornal e revista tanto da Bretaña como de Galiza.

Uxía Martínez Fernández – Artigos

Teis, 1994. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2017), centro no que estou cursando o Máster en Historia Contemporánea hoxe en día. Na actualidade estou centrada no estudo local dos movementos sociais urbanos na Galiza do Tardofranquismo e da Transición. Da mesma maneira, tamén estou interesada noutros aspectos da acción colectiva, como as diversas prácticas de violencia política que se deron no mesmo período histórico e a súa influencia sobre o devir do proceso.

Brais Ferreiro Ares – Artigos

Redondela, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2014-2018), onde desenvolvín un Traballo de Fin de Grao titulado “A Transición nunha vila. Redondela, un estudo de caso municipal (1970-1980)”. Actualmente curso o Máster en Historia Contemporánea tamén na USC. As miñas liñas temáticas céntranse no Tardofranquismo e na Transición política, especialmente dende o punto de vista municipal. Ademais, tamén son do meu interese períodos como a Segunda República, o Franquismo e a Historia da Galiza contemporánea.

Raúl Lojo Dieste – Artigos

Boiro, 1996. Estudante do Grao de Filosofía na USC. Desenvolvo a miña actividade investigadora principalmente no campo da Epistemoloxía e a Filosofía Política.

 

 

Manuel Lago Berdeal – Artigos

Viveiro, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando na mesma o Máster en Historia Contemporánea. Teño especial interese nos movementos de resistencia á ocupación nazi e, actualmente, os meus estudos están vencellados á resistencia antifranquista e guerrilleira no norte de Galicia.
Xaquín Bermello Corominas –Artigos
A Coruña, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e cursando o máster en Historia Contemporánea pola USC. Interesado na Nova Esquerda, nos procesos de descolonización armada, nos proxectos revolucionarios cubanos no continente africano e no diálogo, intercambio e cooperación entre todos eles. Actualmente inmerso nunha investigación sobre as relacións cubanas coas guerrillas das colonias portuguesas (1959-1975).

 

Philip Duncan Webb – Artigos

Milton Keynes, 1992. Licenciado en Historia e Estudos Hispánicos pola University of Birmingham (2014). Actualmente doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Escribo a miña tese sobre a presenza de inmigrantes galegos no Paraguai (1860-1960). Membro da Asociación Española de Americanistas. Co-fundador da revista cultural A Que Cheira, Papá? Fun vikingo no entroido de Xinzo.

Clara Reigosa Lombao Artigos

Lugo, 1996. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Actualmente, realizo o Máster de Estudos Avanzados en Museos e Patrimonio Histórico- Artístico na Universidade Complutense de Madrid. As miñas liñas de investigación céntranse en aspectos relacionados coa museoloxía e a museografía. Teño especial interese nas novas museoloxías e na concepción do museo como un espazo de educación e comunicación para todos os públicos.

Alicia Losada García – Artigos

A Coruña, 1995. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2018). Actualmente, cursando Deseño de Moda no Instituto Europeo di Design. Interesada especialmente nas artes aplicadas, as miñas investigacións céntranse nas relacións entre a moda e a arte ao longo da Historia.

Andrea Montes González – Artigos

Venezuela, 1992. Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente cursando o Máster en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural na Universidade de Vigo. Os meus intereses abarcan dende a historia da arte medieval ata a arte urbana, aínda que tamén me interesa a arte en relación coa antropoloxía e o seu reflexo na sociedade.


PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

Sara Pardo Lareo 

Boqueixon, 1996. Finaliza o seus estudos de Técnico Superior de Fotografía en 2018, realizados na EASD de Santiago de Compostela. Ademais complementa a sua formación cun ciclo formativo medio de Laboratorio de Imaxe.

AGRADECEMENTOS

Ángel Fernández – Deseño identidade corporativa.