Liñamentos editoriais

   Ca fin de homoxeneizar o soporte desta plataforma, elaboramos unha serie de premisas e normas que deben aparecer nos artigos. As aportacións deberán achegarse aos liñamentos editoriais presentados a continuación:

1. O artigo debe estar vencellado á Historia ou ás disciplinas afins ás Humanidades.

2. Ten que ser presentado escrito en galego. En caso de ser estranxeiro, sería posible presentar o artigo na lingua de orixe e o equipo de coordinación estudiará a posibilidade da súa tradución á lingua galega baixo permiso e supervisión do autor.

3. A temática é libre, mais o/a autor/a debe considerar que:

– O/a autor/a é responsable das súas ideas e propostas, que deben estar sustentadas en argumentos fundamentados.

– O artigo debe ser inédito, quedando ao amparo dos editores o seu rexeitamento ou borrado inmediato en caso de duplicado ou copia noutra revista.

4. O artigo terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres -unhas dúas páxinas-, que deben ser presentadas en Times New Roman de 12 puntos, interlineado 1.5 en PDF e en .odt.

5. Sobre os medios audiovisuais adxuntos:

– Deben ser orixinais do/a propio/a autor/a ou, en defecto, citados da súa fonte orixinal.

– Non existe unha limitación en canto a imaxes engadidas, mais si un mínimo dunha imaxe de cabeceira para o artigo. En caso de non ser adxuntada, o equipo editorial escollerá unha imaxe da súa elección.

– Non se permitirá adxuntar imaxes que violen dereitos do autor, quedando a parte interesada responsable da comunicación cos autores orixinais para pedir permiso para a súa difusión.

6. En canto ao sistema de citas:

– Ao ser unha revista de difusión para un público extenso, suxerimos a menor cantidade de citas posibles ca fin de dinamizar a súa lectura.

– As citas ao pé aparecerán ordenadas en números arábigos, e a bibliografía aparecerá ao final do artigo.

– Serán elaboradas baixo o criterio do manual Chicago 15ª edición. Adxuntamos o enlace a continuación onde se pode consultar a súa fórmula:

http://biblioteca.cide.edu/archivos/Manual%20de%20Chicago.pdf

– As citas referentes a fontes da Internet deberán ser sobre plataformas especializadas, quedando baixo criterio editorial a súa viabilidade.

7. Para a solicitude de publicación illada ou formar parte dunha colaboración continuada, débese escribir a demanda ao correo electrónico grupomazarelos@gmail.com explicando a proposta. No caso de ser aceptado, deberá adxuntar unha pequena reseña biográfica e unha fotografía para ser engadido no apartado Quen somos? Para maiores aclaracións, pódese consultar a través do correo citado anteriormente, así coma no Twitter MazarelosGal e o Facebook Mazarelos.

ACLARACIÓN

   Somos unha revista sen ánimo de lucro, interesada na difusión das Ciencias Sociais e Humanidades en lingua galega. O esforzo que estamos a realizar para levar a cabo esta iniciativa é completamente voluntario e persoal, polo que pregamos seriedade e compromiso. Moitas grazas por seguir facendo esto posible e polo apoio que estamos a recibir. Sen vós isto non sería posible, polo que sigamos facendo historia xuntas.