Deseño de indumentaria no primeiro período soviético I: A proposta construtivista

Alicia Losada García Coa implantación do réxime socialista, o goberno bolxevique aspira a crear unha nova orde social, rachando co pasado en tódolos campos da vida e da cultura, o que afecta tamén á indumentaria. Ansían crear un tipo de vestimenta orixinal que sexa funcional, allea a modas preexistentes, e que poida producirse industrialmente. Na primeira propaganda soviética aparecían homes e mulleres robustos, vestidos con … Continue reading Deseño de indumentaria no primeiro período soviético I: A proposta construtivista

O Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Un museo do exilio en perigo de extinción.

Clara Reigosa Lombao    Durante a Guerra Civil e o franquismo, Galicia sufriu unha forte represión que obrigou ao éxodo a un gran número de persoas, especialmente aos países de América Latina, con Arxentina como principal receptor. Isto permitiu que Galicia se identificara nestes momentos en dous espazos distintos: a Galicia interior, na que a sociedade quedou reprimida baixo o réxime; e a Galicia exterior, … Continue reading O Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Un museo do exilio en perigo de extinción.

A expresión musical contraria á ditadura de Hugo Bánzer: esperanza e identidade.

Miguel Rodríguez Martínez O episodio das ditaduras latinoamericanas ocupa cada día un lugar máis importante nas axendas dos historiadores debido á multiplicidade de puntos en común entre elas. Neste pequeno aporte, a proposta parte da análise dunha fonte alternativa pero de vital importancia para acadar unha comprensión o máis completa posible do contexto ditatorial: a música e a súa función vehicular de resistencia e liberdade. … Continue reading A expresión musical contraria á ditadura de Hugo Bánzer: esperanza e identidade.

Reflexións ao redor do problema do ser en Heidegger

Raúl Lojo Dieste    O home mantén unha relación un tanto enigmática co ser. O feito de que o pensar do ser humano estea aberto ao ser é o que posibilita que ante el se abra un mundo e, en consecuencia, poda habitalo. O ente aparece deste xeito “na luz do ser como iso ente que é”. É dicir, as cousas amósanse ao home como … Continue reading Reflexións ao redor do problema do ser en Heidegger

Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá (III): o Convento das Nais Mercedarias Descalzas; a Casa da Parra e a Finca do Espiño

Lucas Sánchez Taboada    Con esta terceira parte pechamos o percorrido polas nosas benqueridas vixiantes de Compostela, e non hai mellor maneira de facelo que visitando as gárgolas máis salientables do convento das Nais Mercedarias Descalzas, da Casa da Parra e da Finca do Espiño. No convento das Nais Mercedarias Descalzas, unha das gárgolas máis demoníacas que nos atopamos neste conxunto asomado na cornixa do … Continue reading Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá (III): o Convento das Nais Mercedarias Descalzas; a Casa da Parra e a Finca do Espiño