«Sedis Auriense»: ¿unha urbe con dúas catedrais?

 Mateo Martínez Torres    Durante moitos anos existiu unha «verdade histórica» defensora de que a cidade medieval de Ourense tivera dúas catedrais simultáneas, dúas sés catedralicias: a que actualmente é a Catedral de San Martiño e a Igrexa de Santa María Nai. O entramado historiográfico defensor da hipótese «bi-catedralicia» está asentado sobre un debate moito maior: o referido á despoboación dos territorios fronteirizos coa hispania … Continue reading «Sedis Auriense»: ¿unha urbe con dúas catedrais?

Como e onde morrer no Camiño de Santiago: os hospitais para peregrinos durante os séculos XI-XIII (II)

Philip Duncan Webb    Hoxe seguimos falando dos hospitais xacobeos nos séculos XI-XIII, época na cal Compostela, malia ser esta moito máis remota, igualaba a Roma ou Xerusalén como lugar de peregrinación cristiá. En concreto, falaremos dos fundadores de hospitais.    Para as persoas que padecemos certo pesimismo acerca da condición humana, sorprende que algúns autores sosteñan que o motivo principal que impulsaba os fundadores … Continue reading Como e onde morrer no Camiño de Santiago: os hospitais para peregrinos durante os séculos XI-XIII (II)

Como e onde morrer no Camiño de Santiago: os hospitais para peregrinos durante os séculos XI-XIII (I)

Philip Duncan Webb Durante a súa época dourada (1050-1300), o máis común era que os peregrinos falecesen co Camiño de Santiago a medio andar [1]. Chocante, quizais, pero como veremos neste artigo, os hospitais fundados neste período mitigaban o perigo de morte, até certo punto. É verdade que bastantes vítimas xa tiñan enfermidades cando saían do lar. Ían a Compostela para pedirlle unha curación ao … Continue reading Como e onde morrer no Camiño de Santiago: os hospitais para peregrinos durante os séculos XI-XIII (I)

O viño do Ribeiro: o sangue do Pobo.

Lúcas Sánchez Taboada O viño do Ribeiro foi de enorme importancia para a economía de Galicia. Hai moitas dúbidas con respecto ao inicio da produción do viño. A. Huetz de Lemps afirma que os documentos dos séculos IX e X mostran con claridade a existencia de viñedos na maior parte das grandes rexións vitícolas actuais[1]. Os monxes de San Clodio posuíron  viñedos dende o século … Continue reading O viño do Ribeiro: o sangue do Pobo.

Diego Xelmírez: da «Paz de Deus» á Cruzada (1101-1125)

Mateo Martínez Torres    No tránsito do século XI ao XII a construción ideolóxica dominante é, sen dúbida, a cruzada. Dende Compostela non só se reciben con nitidez as novas ideas, senón que se enriquecen con novas achegas. No ano 1095 en Clermont (Francia) tivo en lugar un Concilio convocado polo papa Urbano II; a el asistiu o entón bispo de Santiago, Dalmacio, antigo monxe … Continue reading Diego Xelmírez: da «Paz de Deus» á Cruzada (1101-1125)