A política colonial no tardofranquismo (1955-1975)

Xaquín Bermello Corominas    No ano 1955 a ditadura franquista rematou de integrarse nos principais organismos internacionais, inmersos nunha retórica en prol da descolonización africana. Un ano despois perdeu o dominio sobre a súa colonia máis importante, Marrocos. No presente artigo pretendemos partir deste momento para tentar explicar a política colonial franquista ata 1975, recoñecendo os principais elementos de poder dentro do Estado e abordando … Continue reading A política colonial no tardofranquismo (1955-1975)

“À semelhança da Galiza, o futebol desenvolveu-se, inicialmente, nas zonas costeiras”. Entrevista a Ricardo Pereira.

Roque Sanfiz Arias Para estudar o noso pasado é básico ver o seu tratamento noutras escolas. Neste caso comezamos pola que nos queda mais a mán: a portuguesa. Quixemos falar cun experto na historia do fútbol portugués sobre o desenvolvemento do fenómeno deportivo no país veciño, os paralelismos e as frecuentes relacións que mantivo co territorio galego.  Tendemos pontes alén do Miño para falar sobre historia … Continue reading “À semelhança da Galiza, o futebol desenvolveu-se, inicialmente, nas zonas costeiras”. Entrevista a Ricardo Pereira.

As protestas anti-Vietnam (II)

Sara Penide de la Torre Retomamos esta segunda e definitiva parte no momento onde deixamos o primeiro artigo: na ofensiva do Tet. A partires desta comezaron dous procesos: a derrota militar de EEUU en Vietnam, e os anos dourados da posguerra. Ámbolos dous supuxeron un déficit fiscal permanente que minaba o sustento do estado de benestar. Para o ano 1968, a guerra costaba 30 mil … Continue reading As protestas anti-Vietnam (II)

O Síndrome de Vichy

Manuel Lago Berdeal O filósofo polaco Bronislaw Baczko explica como a memoria colectiva ten a súa propia historia, polo que pasa por periodos “fríos”, durante os que parece estar durmida, e periodos “quentes” onde entra nunha fase de reactivación e sube á superficie da vida social. Aquí atopa formas de expresión ricas e diversificadas, sendo estos periodos momentos nos que aparece como unha dimensión esencial … Continue reading O Síndrome de Vichy

Shell-shock: unha ferida invisible

Carlos Quivén Sánchez O protagonista dunha guerra é, se falamos de xeito individual, o soldado. Non obstante, o que máis transcendeu na Historia foron os grandes líderes militares, as súas estratexias e tácticas e, por suposto, as grandes batallas que adquiren dimensións épicas en moitos casos presentes no cine ou na literatura. Porén, podemos dicir que o grande esquecido é o combatente que como protagonista … Continue reading Shell-shock: unha ferida invisible