O pinus pinaster. Unha ollada á Galicia forestal na primeira metade do século XX.

Miguel Rodríguez Martínez No maxín popular, as especies dominantes dos nosos montes aparecen conformadas polo carballo e o castiñeiro, características do agro que nos rodea. Neste artigo trataremos de salientar aquela especie que Pondal xa fixera protagonista na súa obra, coincidindo co elemento que poría título ao himno galego dando unha pista do seu papel neste tempo: o pinus pinaster ou piñeiro marítimo, elemento principal … Continue reading O pinus pinaster. Unha ollada á Galicia forestal na primeira metade do século XX.

Unha ollada diferente á ditadura: a articulación do poder local no franquismo.

Brais Ferreiro Ares Cando estudamos o franquismo é difícil que poidamos prestar atención a todas as súas facetas. Unha na que menos nos fixamos é a articulación do poder local durante a ditadura. Como funcionaban os concellos no franquismo? Quen os conformaba e como se podía acceder a eles? Quen tiña dereito a voto? O poder local no franquismo estaba regulado pola Ley de 17 … Continue reading Unha ollada diferente á ditadura: a articulación do poder local no franquismo.

“À semelhança da Galiza, o futebol desenvolveu-se, inicialmente, nas zonas costeiras”. Entrevista a Ricardo Pereira.

Roque Sanfiz Arias Para estudar o noso pasado é básico ver o seu tratamento noutras escolas. Neste caso comezamos pola que nos queda mais a mán: a portuguesa. Quixemos falar cun experto na historia do fútbol portugués sobre o desenvolvemento do fenómeno deportivo no país veciño, os paralelismos e as frecuentes relacións que mantivo co territorio galego.  Tendemos pontes alén do Miño para falar sobre historia … Continue reading “À semelhança da Galiza, o futebol desenvolveu-se, inicialmente, nas zonas costeiras”. Entrevista a Ricardo Pereira.

Diego Xelmírez: da «Paz de Deus» á Cruzada (1101-1125)

Mateo Martínez Torres    No tránsito do século XI ao XII a construción ideolóxica dominante é, sen dúbida, a cruzada. Dende Compostela non só se reciben con nitidez as novas ideas, senón que se enriquecen con novas achegas. No ano 1095 en Clermont (Francia) tivo en lugar un Concilio convocado polo papa Urbano II; a el asistiu o entón bispo de Santiago, Dalmacio, antigo monxe … Continue reading Diego Xelmírez: da «Paz de Deus» á Cruzada (1101-1125)

Entrevista á Associaçom José Afonso – Galiza (AJA-Galiza)

Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias A Associaçom José Afonso – Galiza (AJA – Galiza) é unha entidade adicada á difusión cívico-cultural do noso país. As súas actividades rachan cas fronteiras políticas, formalizando todo tipo de actividades ca veciña e irmá sociedade portuguesa. Nestes días máis que nunca por mor da Revoluçao dos cravos, a sociedade galega tende unha ponte na raia seca para … Continue reading Entrevista á Associaçom José Afonso – Galiza (AJA-Galiza)