“À semelhança da Galiza, o futebol desenvolveu-se, inicialmente, nas zonas costeiras”. Entrevista a Ricardo Pereira.

Roque Sanfiz Arias Para estudar o noso pasado é básico ver o seu tratamento noutras escolas. Neste caso comezamos pola que nos queda mais a mán: a portuguesa. Quixemos falar cun experto na historia do fútbol portugués sobre o desenvolvemento do fenómeno deportivo no país veciño, os paralelismos e as frecuentes relacións que mantivo co territorio galego.  Tendemos pontes alén do Miño para falar sobre historia … Continue reading “À semelhança da Galiza, o futebol desenvolveu-se, inicialmente, nas zonas costeiras”. Entrevista a Ricardo Pereira.

Deporte despois de xullo de 1936. Reorganización e control falanxista.

Roque Sanfiz Arias O deporte converteuse nos anos vinte nun fenómeno social ao que os xornais dedicaban cada vez máis tempo e os estadios volvíanse máis grandes. Con todo, non foi unicamente a expansión dun negocio. Nun momento de industrialización e de urbanización, os veciños dos recentemente construídos barrios atoparon neste deporte un espazo de socialización prometedor. Traballadores e as mulleres tamén pisaron os terreos … Continue reading Deporte despois de xullo de 1936. Reorganización e control falanxista.

Cambios na organización do territorio galego medieval: Das parrochiae ás parroquias.

Roque Sanfiz Arias Un dos elementos máis característicos da distribución espacial galega é a parroquia. Unha unidade territorial que forma identidades e crea lazos veciñais nun primeiro plano. Para nós é unha realidade cotián inmutable e a súa orixe é frecuentemente asociada co Parroquial Suevo. Sen embargo, cómpre revisar o que queda daquel documento nas nosas parroquias. O Parrochiale Suevum consiste nunha lista de trece sedes … Continue reading Cambios na organización do territorio galego medieval: Das parrochiae ás parroquias.

Todos de acordo? Nacionalismo galego e loita obreira na transición.

Roque Sanfiz Arias A “Transición Española” é moitas veces mencionada como modelo a exportar se se quere pasar de xeito pacífico dun réxime autoritario a un democrático a través dun consenso total. Con este achegamento tratamos de mostrar como non se tratou dun proceso monolítico e que Galiza contou cunha forza particular. A década dos setenta foi o momento de eclosión da conflitividade obreira e … Continue reading Todos de acordo? Nacionalismo galego e loita obreira na transición.

Tiros contra o descontento. 10 de marzo de 1972 en Ferrol

Roque Sanfiz Arias Dous castelos flanquean a entrada da Ría de Ferrol dende hai séculos. Dentro, son tres as institucións que tiveron unha importancia capital no desenvolvemento da comarca, especialmente durante o franquismo. O primeiro é o Arsenal Militar, creado no século XVIII e que condicionou dende aquela o desenvolvemento e a composición da poboación da cidade de Ferrol. A situación estratéxica de Ferrol na … Continue reading Tiros contra o descontento. 10 de marzo de 1972 en Ferrol