Sticky post

Máis letras e máis Mazarelos

Mazarelos comezou como un proxecto multidisciplinar e aberto a distintos soportes mais dende o comezo quixemos que os nosos escritos e iniciativas servisen para normalizar o uso da nosa lingua. Temos claro de onde vimos e a onde imos, apostando polo Galego como compañeiro de viaxe. Na nosa convivencia coa universidade experimentamos a situación de diglosia que sofre o galego nas aulas. Na Universidade de … Continue reading Máis letras e máis Mazarelos

SORTEO! Dous exemplares de “A Patria Enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández”

Estamos a piques de chegar ao noso primeiro mes de vida e queremos festexalo devolvendo o apoio que recibimos. O noso xeito de contribuír á difusión histórica é a través deste portal… mais non seríamos nada sen libros. Grazas á axuda de Pilar Cagiao Vila, directora do departamento de Historia de América da USC, ao departamento de Historia Contemporánea e ao grupo de investigación HISTAGRA … Continue reading SORTEO! Dous exemplares de “A Patria Enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández”

De onde vimos e a onde imos

O arco de Mazarelos, esa única porta de acceso á cidade compostelá que se conserva na actualidade. Atravesándoo acadamos a Praza de Mazarelos, o espazo físico entre as facultades de Historia e Filosofía sempre ocupada por estudantes. E por último aparece eiquí a plataforma Mazarelos.gal, a cal busca recoller ese significado de entrada e de contacto nun portal que sirva para a publicación e difusión … Continue reading De onde vimos e a onde imos