O viño do Ribeiro: o sangue do Pobo.

Lúcas Sánchez Taboada O viño do Ribeiro foi de enorme importancia para a economía de Galicia. Hai moitas dúbidas con respecto ao inicio da produción do viño. A. Huetz de Lemps afirma que os documentos dos séculos IX e X mostran con claridade a existencia de viñedos na maior parte das grandes rexións vitícolas actuais[1]. Os monxes de San Clodio posuíron  viñedos dende o século … Continue reading O viño do Ribeiro: o sangue do Pobo.

Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá (III): o Convento das Nais Mercedarias Descalzas; a Casa da Parra e a Finca do Espiño

Lucas Sánchez Taboada    Con esta terceira parte pechamos o percorrido polas nosas benqueridas vixiantes de Compostela, e non hai mellor maneira de facelo que visitando as gárgolas máis salientables do convento das Nais Mercedarias Descalzas, da Casa da Parra e da Finca do Espiño. No convento das Nais Mercedarias Descalzas, unha das gárgolas máis demoníacas que nos atopamos neste conxunto asomado na cornixa do … Continue reading Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá (III): o Convento das Nais Mercedarias Descalzas; a Casa da Parra e a Finca do Espiño

Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá (II). Hospital Real.

Lucas Sánchez Taboada As gárgolas -ao igual que os canzorros- poñen final ao capítulo decorativo do Hospital Real. Forman un conxunto de gran beleza pola variedade de imaxes que combina, entre as que podemos destacar as representacións animalísticas, humanas e fantásticas. O seu interese radica no valor simbólico que tiveron os homes e mulleres que se aloxaron no Hospital. A través destas imaxes, de moi … Continue reading Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá (II). Hospital Real.

Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá: O caso de San Martiño Pinario (I)

Case ninguén se decata da súa existencia, pero aí están, pegadas a muros e tellados, con formas grotescas e silenciosas. Algunhas rindo, outras angustiadas, outras burlonas, vixiando as nosas accións e cuspindo auga, e que mellor lugar para facelo que en Compostela, onde a auga é arte. Vixilantes e silentes, gárgolas.  Ás marxes, son espazos de pracer, de diversión, de ornamento e, sobre todo, espazos … Continue reading Vixilantes e silentes. A gárgola como elemento plástico na arquitectura compostelá: O caso de San Martiño Pinario (I)

Sobre Mazarelos

O compromiso pola Historia, pola lingua e pola cultura desta terra levou a este grupo de graduados en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela a adicar parte do seu tempo na difusión de artigos vencellados ao mundo das Ciencias Sociais en galego. Mazarelos non ten límites temáticos ou cronolóxicos. Cadaquén publica seguindo as liñas de investigación nas que este traballando ou os seus intereses. … Continue reading Sobre Mazarelos