Glosario de palabras en galego

Durante o mes de maio levamos unha iniciativa de compartir unha palabra en galego coa súa definición aportada pola Real Academia Galega. O noso obxectivo foi o de promover o uso do galego nas redes, e consideramos que non debía quedar esquecido. Polo tanto, decidimos recopilar os diferentes termos nesta publicación para continuar coa promoción da nosa lingua.

Podedes seguir axundándonos e deixar as vosas propias aportacións na caixa de comentarios, xa que só escollimos un total de trinta e un termos correspondentes ao mes de maio. Animádevos e participade! #UnMesDePalabras #ANosaLingua

Preme aquí para ver a iniciativa levada a cabo nas nosas redes sociais.

AloumiñoCousa que se di ou se fai para agradar a alguén”.

Cachada “Monte que se cava ou ao que se lle queima a broza para cultivalo”.

FedellarTratar de realizar algo sen saber como se fai ou por se entreter, ou ocupar o tempo en algo sen obter beneficio”.

Rolada Conxunto de crías que naceron a un tempo da mesma nai”.

Luva Peza do vestiario para cubrir a man, xeralmente dedo por dedo.

SolainaCorredor ou balcón exterior, con varanda ou galería, orientado de xeito que lle dá o sol gran parte do día”.

RulaLugar onde se fan operacións de compra e venda, especialmente de peixe e marisco fresco”.

Moulón Que non ten vontade para traballar”.

FochancaCavidade no terreo”.

Curuto (sin. “curota”) “Parte máis elevada dun monte”

FervenzaGran cantidade de burbullas que se forman ao precipitarse a auga dun río ou torrente por un desnivel brusco do terreo”.

RabudoQue ten mal xenio”.

PetiscoPorción pequena de algo que se toma para probar”.

Aceno “Movemento ou sinal que se fai coa man, coa cabeza, cos ollos ou con outra cousa para expresar algo sen palabras”

EsmorgaDiversión buliciosa e esaxerada”.

Aconchegar “Poñer [algo ou a alguén] cerca ou a menor distancia.

FoliadaReunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar”.

Fento [sin. fieito, felgo, folgueira] “Planta da que existen distintas especies pertencentes a unha mesma clase, caracterizada por ter follas longas e segmentadas, carecer de flores, ter xeralmente o talo subterráneo e ser propia de lugares húmidos e frescos”.

CuarteirónCada unha das partes iguais en que certas cousas están divididas”.

DelamparParar de chover”.

Sacabeira Anfibio da familia dos salamándridos, de pel lisa e brillante, de cor negra con manchas amarelas

PinchacarneiroVolta que se dá apoiando as mans ou a cabeza no chan e deixándose caer sobre o lombo”.

EsfagnoMofo que se desenvolve en lugares ácidos moi húmidos e que orixina a turba ao descompoñerse”.

Elo “Cada un dos aros que forman parte dunha cadena”.

Curuxeiro Calor abafante que vai nas horas centrais do día”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *