A expresión musical contraria á ditadura de Hugo Bánzer: esperanza e identidade.

Miguel Rodríguez Martínez

O episodio das ditaduras latinoamericanas ocupa cada día un lugar máis importante nas axendas dos historiadores debido á multiplicidade de puntos en común entre elas. Neste pequeno aporte, a proposta parte da análise dunha fonte alternativa pero de vital importancia para acadar unha comprensión o máis completa posible do contexto ditatorial: a música e a súa función vehicular de resistencia e liberdade.

Na construción da identidade latinoamericana produciuse un choque asimétrico de poder. A finais dos anos 60′, o esgotamento do modelo de industrialización protecionista tradúcese nun problema económico extendido que afecta ás diferentes nacións dende a Patagonia até o Río Bravo. Por outra banda, as presións imperialistas do país das barras e estrelas a través da Operación Cóndor -e conseguinte Doutrina de Seguridade Nacional- provocarían un atentado ao dereito de liberdade por medio dunha serie de ditaduras de carácter militar, as cales limitarían a mesma condición de ser humano debido á censura e á represión.

No caso boliviano, a expresión da ditadura sería terrorífica, rachando calquer garantía de liberdade de expresión no país. Un xoves 19 de agosto do ano 1971, a esquerda foi presentada coma o inimigo nacional ante o golpe de estado promovido polo Frente Popular Nacionalista -Fuerzas Armadas, Movimiento Nacionalista Revolucionario e Falange Socialista Boliviana- poñendo á fronte a Hugo Bánzer. Iníciase así un dos periodos máis represivos impulsados pola Doutrina de Seguridade Nacional. O intervencionismo norteamericano está fóra de toda dúbida coa desclasificación de documentos do Departamento de Estado dos Estados Unidos. Atopouse, de feito, unha conversa entre o presidente Nixon e o seu asesor Henry Kissinger sobre que accións levar a cabo en Bolivia.

No centro Hugo Bánzer, ditador de Bolivia (1971-1978)

Esta represión foi brutal, destacando a ilegalización dos partidos políticos, a prohibición da acción sindical, a suspensión dos dereitos civís e o envío de tropas aos centros mineiros por seren considerados posibles caldos de cultivo comunistas. Ante estas amenazas, escasos son os testimonios sociais da propia época contrarios ao proceso ditatorial nunha primeira ollada. Pero existía una ferramenta á que aferrarse: a música. Dous foron os espazos de difusión desta expresión musical: o público e censurado por un lado, e o clandestino polo outro. Neste caso, trataremos de centrarnos neses recursos empregados para salvar a censura a través de diferentes formatos.

Aquí presentamos o grupo musical que, ante a amenaza e opresión das garantías fundamentais do pobo, reivindicaría a súa expresión a través dunha música neofolklórica boliviana: o grupo WARA. As súas composicións foron a xustaposición da propia música autóctona andina e aquela vencellada á contracultura que baixara xa nos anos 60′ desde os Estados Unidos precisamente: o rock. Recurrindo á música coma auténtica ferramenta ante a maquinaria que silenciaba todas as voces, atopamos unha vinculación étnico-social nesta expresión musical.

 Portada da álbum El Inca (1973) – Wara

No ano 1973, formalizan unha denuncia sobre a fragmentación boliviana en dous países: o oculto e reprimido, que é o dos indios; e outro visibilizado e imposto, o dos blancos. En setembro, este disco chamado El Inca sería prohibido polos mecanismos de censura ditatoriais ante a súa forte carga social. A valía de intentar cambiar o sistema integrándose nel foi respetado pola sociedade boliviana, apoiando a este grupo que encabezaría as voces silenciadas de milleiros de persoas vítimas de censura. Deténdonos nalgunas das súas letras, vemos como se refiren a un pasado glorioso que emana hacia os incas, mais en verdade estase a falar dunha identificación a un tempo alonxado da ditadura militar:

Incas justos y valientes.

No robes, no mates y no mientas,

era la ley de aquellos tiempos.

Un día volverá esa justicia

sobre todas las maldades.

Renacerá! (x3)

Inca – Wara (prema para reproducir)

O recoñecemento de Wara e as presións ao seu favor permitiron a súa participación como representación folklórica ante legacións diplomáticas, sempre tratando de encamiñar as súas letras dende o réxime para evitar expresións desfavorables á súa causa. Unha delas foi a do presidente Jorge Videla, na súa visita ao país andino. Neste acto, a comida do banquete apenas fora probada polos diferentes asistentes ao mesm. Emporiso, no medio da celebración os membros de Wara comezarían a increparlles a súa falta de respeto ante ese pobo que pasa fame, novamente referindo esa diferencia entre o pobo blanco e pudiente que renuncia a comida e o pobo andino que está a pasar fame. Trala reivindicación, os artistas serían detidos, pero polo que conta un dos propios membros da banda, soltáronos tras una reprimenda na que lles amenazarían de morte. Todo apunta a que esta liberación estaría vencellada á influencia na propia sociedade deste grupo, que podería provocar en altercados.

Por qué no se lo dais al pueblo! (El Dante, membro do grupo Wara a Videla)

Seguindo nesta adaptación e sorteamento dos mecanismos opresores ditatoriais, destacaremos outro método de difusión dun conxunto de voces silenciadas: a radio. Neste caso, salientará a Radio Chuquisaca, que lograría adaptarse ás imposicións do réxime e facer chegar cancións que encubrían crítica do réxime. Un claro exemplo foron as melodías da autoría de Alberto Villalpando ou Matilde Casazola nesta emisora. Estes souberon encriptar mensaxes incensurábeis para o réxime, mais cargados de crítica ante os corazóns dos seus ointes, que inmediatamente identificaban co seu desgraciado contexto. Casazola cautivaría as emocións dos exiliados que anhelaban a súa volta ao fogar na canción “De Regreso” (1975), servindo de ligazón entre a realidade dun amplo número de personas fuxidas no exilio e as súas familias, cautivas na ditadura e esperanzadas polo futuro reencontro:

Desde lejos yo regreso.

A tus piedras trabajan, por titanes ignorados que cobija el antiplano.

Por titanes ignorados que cobija la altipampa.

Desde lejos como viento traigo nombres de otras patrias.

Pero busco en tu infinito las raíces de mi alma.

Yo no lo logro explicar con que cadenas me atas,

con que hierbas me cautivas, dulce tierra boliviana.

Regreso – Matilde Casazola (prema para reproducir)

A arte é a xpresión máis pura do ser humano, emporiso non pode ser silenciada namentres exista todavía un raio de esperanza nos corazóns de cada individuo disposto a expresarse. De aí a importancia de comprender que, en tempos de censura, a música foi unha ferramenta moi útil como comunicación, resistencia e cohesión dun pobo oprimido; así coma é moi útil asemade para comprender propiciamente o episodio estudado dende a actualidade.

Se queres seguir indagando na importancia da expresión musical como manifestación contracultural, podes premer na seguinte ligazón . Aquí atoparás outra pulbicación máis desenvolvida sobre a mesma liña temática, mais enfocada no caso do Uruguai.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *