SORTEO! Dous exemplares de “A Patria Enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández”

Estamos a piques de chegar ao noso primeiro mes de vida e queremos festexalo devolvendo o apoio que recibimos. O noso xeito de contribuír á difusión histórica é a través deste portal… mais non seríamos nada sen libros. Grazas á axuda de Pilar Cagiao Vila, directora do departamento de Historia de América da USC, ao departamento de Historia Contemporánea e ao grupo de investigación HISTAGRA podemos celebrar o sorteo de dous exemplares de “A Patria Enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández”.

Trátase dunha recopilación de artigos que nos achega a coñecer a nosa terra dende varias perspectivas, disciplinas e cronoloxías. Unha amálgama de autores uníronse para render homenaxe ao historiador galego Xosé Ramón Barreiro a través desta publicación de 2008. É posible consultar o índice de artigos premendo nesta ligazón.

E como hai que facer? Pois é ben sinxelo. Sortearemos dúas copias, unha para a conta de Facebook e outra no Twitter. Os requisitos son os mesmos:

– Gostar da na nosa páxina de Facebook ou seguirnos no Twitter.

Compartir ou retuitear a publicación do sorteo.

– Mencionar nos comentarios ou responder ao chío a dúas persoas interesadas na Historia.

O prazo remata o día 16 de Marzo e anunciaremos os resultados ó día seguinte, usando unha ferramenta que escolle ao chou entre quen cumpla os requisitos.

Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración e moita sorte!

CONSULTA AS GAÑADORAS:

 

Un comentario en “SORTEO! Dous exemplares de “A Patria Enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *