“Un libro aberto”: Roger Chartier.

Miguel Rodríguez Martínez

O paso do socioeconómico ao mental, antropolóxico e o cultural. O abandono das correntes tradicionais e as súas representacións de individuos puntuais, nunca de realidades cotiás O xiro crítico que Le Goff adiantara, o novo punto de vista dende o que interpretar a Historia segundo as propias mentalidades. Todo isto e moito máis representará Roger Chartier a través dunha nova concepción desta disciplina, ponte entre a revolución historiográfica e o posmodernismo, cunha paradigmática obra que continúa sendo moi relevante na actualidade pese ao tempo pasado: “El mundo como representación. Estudios sobre Historia Cultural”.

Se os Annales -fortemente transformados co paso do tempo- realizaran unha primeira experimentación a partir dun número de 1989 titulado Intentemos la experiencia, Roger Chartier exemplificará a construción dun espacio de reflexión nesta propia línea análise. Tres serán as seccións que decide establecer, seguindo unha orde dunha primeira proposta máis teórica cara unha transición do modelo teórico a unha realidade práctica, non sen antes establecer unha xustificación do método que empregará nun pequeño pero moi clarificador prólogo.

O autor nacido en Lyon comezará establecendo unha primeira diferenza distinguindo a historia cultural, entendida como unha historia das representación e das prácticas, da historia das mentalidades e a súa acepción clásica. Admite os extensos logros da mesa, pero argumenta que os postulados que a fundan non serán suficientes para establecer unha ambiciosa realidade cada vez máis posíbel de acadar. O primeiro elemento pois que critica será a concepción de linguaxe, da cal as súas xeneralidades conlevan malinterpretacións alonxándonos da auténtica tarefa. Por outra banda, a adecuación demasiado básica entre divisións sociais e diferencias culturais e, por último, a primacía dunha mentalidade colectiva en detrimento dun estudo das formas textuais que vehiculan a súa expresión. Polo tanto, seguindo a liña deses herdeiros dos annales, a desvinculación dos textos anteriores ca fin de outorgar ao novo punto de vista un renovado ar, salvando aquelas excepcións que o propio Chartier considera indispensábeis como a de Durkheim e a súa dinamización no proceso de comprensión entre os sistemas de percepción e de xuizo e as fronteiras que atravesan o mundo social.

Roger Chartier (1945-actualidade)

Por medio dos Debates e interpretacións, agruparanse un conxunto de catro escritos nos que o intelectual francés plantexa unha revisión historiográfica na que, como consecuencia a unha nova proposta metodolóxica vinculada a unha concepción de historia cultural plantexada polo propio autor. É unha denominación semellante á proposta da historia cultural do social, suscitada por un xiro cara o estudo do conxunto de individuos e obxectos culturais dentro dun espazo social. Deste xeito, logramos unha dobre dimensión na proposta de estudo cunha connotación particular do proceso e elementos a estudar, e unha realidade máis extensa que representaría o todo social. Existe unha ruptura co dterminismo no que o todo proxecta unha ruptura no modelo social preestablecido do individuo que no seu conxunto forma unha sociedade. Para elo, terá que botar man a postulados anteriores pese a esa idea ruturista, ademais do xa mencionado Durkheim doutros notorios intelectuais como Elías e Febvre, sempre con matices. Desta forma, establece unha historia totalizadora e ao mesmo tempo concreta, sen pescudar unha verdade dogmática universal nin un particularismo específico pouco representativo. O todo e a nada, o pouco e o moito, o establecemento do particular e o xeneral como único elemento a analizar.

Tras isto, o xiro acadará o devir que a longa duración implicaba, cimentando unha Historia hexemónica dende o multidisciplinar, algo así como romper o encasillamento en diferentes doutrinas para crear unha revestida de todos os elementos necesarios interdisciplinares na búsqueda da interpretación “correcta”. Pero este marco teórico de gran calidade tiña que ser representado, e os encargados de devandita tarefa serán os libros a través dunha relación entre o social e o cultural materializada no libro e na lectura. Desta forma, o escrito convírtese nun obxecto independente do creador e se significa para cada lector de xeito permanente, aberto a diferentes interpretacións. Así, lograriamos explicar as diferentes posición polas cales un individuo pode optar en función do seu contexto e da súa propia identidade do mesmo proceos. Eiquí é onde aparece a práctica leitora, que construirá as relaciósn entre os propios individuos entre sí moito máis alá que o mero círculo de leitores da obra.

Por último, a derradeira fase que este autor propón exemplificará mediante a literatura os procesos que comentamos. Non desenvolveremos a amalagama de interpretacións que os mesmos reciben, pero si mencionaremos que utilizará dos casos paradigmáticos como representantes da materia de estudo: a literatura picaresca e, ademais, o que denomina os intelectuais frustrados. Estamos enfatizando novamente o paso do cultural ao social, aparecendo elementos de manifiesta importancia para o seu discurso coma o imaxinario popular frente á memoria histórica, polémico ao caer en certos matices que nos lembran ao relativismo.

A modo de conclusión, a proposta de Chartier supón un modelo de transición dunha aposta historiográfica do século XX científica e empírica de carácter cultural, en dirección a matices que nos invitan a pensar nun posmodernismo no que a Historia se convirte nunha disciplina non só total como fora plantexada nos annales, senón globalizada e multidisciplinar. O obxectivo será abordar un todo homoxéneo, polo que existe unha rutura importante en canto á metodoloxía de estudo, lonxe dos modelos anteriores mais sen desprestixialos. Debemos entón velo como a continuación de aqueles que non chegaron até o procesos destes tempos, a toma das ideas que consideraron oportunas e importantes clásicas para os seus discursos e críticas pertinentes a modelos pasados. Sen dúbida, un autor que marcou un antes e un despois no quefacer historiográfico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *