“Das que se quedaron”. As viúvas de vivos: unha realidade silenciada.

 Deixamos un pequeno adianto do proxecto “Das que se quedaron. As viúvas de vivos: unha realidade silenciada”. Este pequeno documento audiovisual recolle a testemuña de diferentes vítimas dunha situación indivisíbel da realidade galega do pasado século: a emigración e o exilio masculino. A historiografía centrouse nas aventuras exteriores daqueles que marcharon, silenciando ás auténticas timoneis dun barco en pleno afundimento que era Galicia a través de eufemismos todavía moi presentes na sociedade actual como “traballo doméstico”, “rural” ou “tradicional”. Neste proxecto, trataremos de darlles a voz ás auténticas protagonistas da Historia de Galicia deste tempo, contemplando como aquelas que Rosalía de Castro acuñou como viúvas de vivos lograron superar toda unha serie de obstáculos, amosando unha cultura polo esforzo e compromiso senlleiro pola terra.

A dirección e produción deste proxecto dirixido á recuperación da memoria da sociedade galega está baixo o cargo de Miguel Rodríguez Martínez, acompañado por Iago Crespo Picado e Sara Pardo Lareo encargados da labor de grabación e co-produción do mesmo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *