Como e onde morrer no Camiño de Santiago: os hospitais para peregrinos durante os séculos XI-XIII (I)

Philip Duncan Webb Durante a súa época dourada (1050-1300), o máis común era que os peregrinos falecesen co Camiño de Santiago a medio andar [1]. Chocante, quizais, pero como veremos neste artigo, os hospitais fundados neste período mitigaban o perigo de morte, até certo punto. É verdade que bastantes vítimas xa tiñan enfermidades cando saían do lar. Ían a Compostela para pedirlle unha curación ao … Continue reading Como e onde morrer no Camiño de Santiago: os hospitais para peregrinos durante os séculos XI-XIII (I)

O golpe do 36 en Ribadavia: resistencia e violencia

Mateo Martínez Torres    Na década dos anos 30, as terras da provincia de Ourense estaban organizadas en minifundios de pequenos propietarios aos que a caída dos prezos agrícolas, as dificultades de emigrar a ultramar, e o retorno forzado de moitos emigrados a causa da Gran Depresión afectaran moi negativamente. A situación de Ribadavia non era diferente a de calquera vila do sur de Galicia. … Continue reading O golpe do 36 en Ribadavia: resistencia e violencia

Glosario de palabras en galego

Durante o mes de maio levamos unha iniciativa de compartir unha palabra en galego coa súa definición aportada pola Real Academia Galega. O noso obxectivo foi o de promover o uso do galego nas redes, e consideramos que non debía quedar esquecido. Polo tanto, decidimos recopilar os diferentes termos nesta publicación para continuar coa promoción da nosa lingua. Podedes seguir axundándonos e deixar as vosas … Continue reading Glosario de palabras en galego

Unha pequena achega ao Maio do 68 na Universidade de Compostela

Lucía Veciño Souto A piques de rematarse o mes de maio e após 51 anos daquel movemento poliédrico que xuntou ao seu redor á clase obreira e ao estudantado francés e que nos dias que seguiron escaparía das fronteiras do hexágono, gostaría de facer unha mínima lembranza do que supuxo a primavera do 68 no noso país. Un maio que non foi nin a  versión … Continue reading Unha pequena achega ao Maio do 68 na Universidade de Compostela

O viño do Ribeiro: o sangue do Pobo.

Lúcas Sánchez Taboada O viño do Ribeiro foi de enorme importancia para a economía de Galicia. Hai moitas dúbidas con respecto ao inicio da produción do viño. A. Huetz de Lemps afirma que os documentos dos séculos IX e X mostran con claridade a existencia de viñedos na maior parte das grandes rexións vitícolas actuais[1]. Os monxes de San Clodio posuíron  viñedos dende o século … Continue reading O viño do Ribeiro: o sangue do Pobo.